Noticias

Clausura do Proxecto En Boa Onda 2025

Clausura do Proxecto En Boa Onda 2025

01/12/2025

Máis de 300 Alumnos/as de Lugo e Provincia Formados no uso positivo das novas tecnoloxías como ferramenta para acadar a Igualdade

O proxecto, desenvolvido grazas ao apoio da Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia, tivo como obxectivo principal promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero a través da metodoloxía de Aprendizaxe-servizo. O alumnado participante, proveniente de 6 centros educativos (incluíndo a cidade de Lugo e municipios como Sarria e Foz), formouse para ofrecer un servizo a toda a comunidade educativa garantindo que a aprendizaxe tivese un impacto real. Este esforzo conxunto coas ANPAS ampliou o alcance da mensaxe a miles de familias lucenses.

A relevancia do proxecto evidenciouse na xornada de clausura, celebrada o 27 de novembro no Colexio FEC San José. A data non foi casual, coincidindo coa semana do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres .

O acto contou con presenza institucional subliñando o apoio da Xunta de Galicia ao proxecto:

  • Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  • Ana Abades, Xefa do Servizo de Epidemioloxía.
  • Genoveva Ferreiro Pumariño, Inspectora de Educación.

Os alumnos e alumnas foron os verdadeiros protagonistas do evento, encargándose da benvida e compartindo a súa experiencia nos programas de radio. Luís Alfonso Trigo, Presidente da FAPA Lugo, recalcou a importancia de traballar coa mocidade e as familias promovendo estas iniciativas.

O Traballo Feito: Escoita os 6 Podcasts!

Os mozos e mozas non só aprenderon sobre Pegada Dixital, Permiso Expreso e Red Flags, senón que materializaron o seu coñecemento en 6 fantásticos podcasts.

Convidamos a todas as familias a escoitar o traballo dos seus fillos e fillas e a ver o resumo da actividade: