16 noviembre, 2020 Sanjose

Concurso Postal de Nadal 2020

Benqueridos Sres/as,

Dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) animamos aos máis pequenos da casa a fixarse nos seus pés e crear con/sobre eles unha postal de Nadal.

Participar no concurso é moi sinxelo; está dirixido a nenos/as de entre 3-6 anossó hai que imprimir a plantilla que vos anexamos neste correo, cubrila, debuxar nela e enviala concurso@copoga.com antes do día 14 de decembro.

A obra gañadora servirá de imaxe na postal de Nadal que o Colexio envía ás demais entidades/institucións e tamén ós colexiados.

O autor/a do debuxo gañador recibirá de agasallo unha caixa regalo “Estancia familiar + Actividades e Parques temáticos” onde poderá elixir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temáticos de España, Andorra e Portugal.

Asemade, todos os participantes recibirán un set de pintura que consta de 10 lapis de cores, acuarelas con pincel e 1 afiador.

Agardando contar coa participación de todos as nosos/as pequenos/as; despedímonos atentamente,

 

Xunta de Goberno

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies